viernes, 8 de marzo de 2013

O bádminton, entrada Michael.


O bádminton é un deporte que se practica cunha raqueta un tanto especial e cunha pelota que se sae do común, xa que non é unha pelota ao uso, senón que na súa orixe era unha peza de cortiza con plumas que facía que a súa traxectoria fose máis lixeira, facilitando así o desprazamento desta. Hoxe en día é unha peza de plástico que imita a esas antigas bólas de plumas, e que está deseñada para levar a cabo un movemento un tanto especial.

A raqueta é outra das calidades do bádminton, e é que se trata dunha pa lixeira e co mango máis longo que as raquetas habituais de tenis, o que a fai en certo xeito singular e único. Habitualmente xógase por parellas, e a pesar de ser un deporte aparentemente sinxelo, non o é en absoluto, xa que require de varias calidades por parte das persoas que o practican, ademais de achegarnos innumerables beneficios.

O bádminton é unha modalidade deportiva como tal na que se require unha boa preparación para practicalo. É un deporte que implica varias partes do noso corpo como os brazos, as pernas e a nosa capacidade pulmonar e resistencia. Constantemente estamos en movemento mentres o estamos a practicar, polo que a actividade aeróbica é alta, algo moi beneficioso para o noso sistema respiratorio e circulatorio.

A resistencia é outra das calidades que traballaremos coa práctica deste deporte, xa que é necesario que teñamos unha alta capacidade para aguantar a grande actividade que require xogar ao bádminton, pois non soamente estamos en constante movemento cos brazos, senón que os desprazamentos ao longo da pista son elevados, pois debemos buscar a pluma e mandárllela ao equipo contrario por enriba da rede.

A velocidade é outra das calidades que se traballan co bádminton, xa que á hora de devolver o golpe temos que ser rápidos, e por iso debemos ter unha boa resposta de saída. Os reflexos e a coordinación son parte fundamental das persoas que practican este deporte, xa que saber controlar en cada momento a parte do corpo que vai entrar en escena é fundamental. A práctica deste deporte axudaranos a agudizar os nosos sentidos e mellorar a coordinación e o control xeral do corpo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario