martes, 5 de marzo de 2013

Kabaddi, entrada de febreiro.


Existen tres variantes do Kabaddi: Kabaddi, Circle Kabaddi e Beach Kabaddi. É deporte oficial nos xogos asiáticos e é deporte nacional de Bangladesh. Xogan dous equipos de sete persoas, nunha cancha de 12,5 X 10 metros (aproximadamente a metade dunha cancha de baloncesto). Cada equipo ten cinco xogadores en reserva. Se xogan dous tempos de 20 minutos, cun intermedio de cinco, tras o cal os equipos cambian de lado.
Los equipos tórnanse enviando un "raider" á área contraria, co fin de "capturar" xogadores do equipo contrario, antes de volver ao seu. Os membros "capturados" deben saír fora da cancha. O atacante non debe respirar durante o ataque, demostrándoo cantando ininterrompidamente. De aí ven o nome do xogo, xa que Kabaddi significa "canto" en India e Pakistán.
Normalmente os grandes xogadores manteñen o canto ("kabaddi, kabaddi, kabaddi...") por lapsos superiores a 40 segundos. Os xuíces de Kabaddi posúen un singular e desenrolado sentido da audición, dado que a interrupción do canto ou a equivocación da palabra, determina a eliminación do "raider".
Mentres isto sucede, os defensores non deben ser tocados (forman cadeas, colléndose das mans para non chocar entre eles) e tratan de cercar ao "raider". Este, pra sumar puntos para o seu equipo, debe: 1) Intentar tocar algún rival sen saírse do rectángulo que está invadindo, 2) Si logra tocar a algún rival, debe volver á liña de onde partiu (la liña central) dado que ao tocar dita liña sumará os puntos polos xogadores que tocase, os cales quedarán fora de xogo momentaneamente. 3) Non debe interromperse o seu canto (kabaddi, kabaddi, kabaddi...) dado que automaticamente queda anulado, dándolle 1 punto aos defensores. 4) Deberá estar moi atento, dado que os defensores poderán detelo en calquera momento, pra tratar de non deixalo volver á liña central. Calquera tipo de contacto entre o "raider" e os defensores é considerado contacto: é dicir, si alguén intenta deter ao "raider" e este forcexa (sen emprego de puños ou patadas) e logra chegar á liña central cantando "kabaddi, kabaddi", o "raider" elimina ao defensa ou aos defensas que intentaron detelo.
Un xogador defensor perde 1 punto por saírse do espazo de xogo durante o ataque.
Cada vez que un xogador sae da cancha, o outro equipo gana un punto. Cando o equipo defende con éxito y no deixa retornar ao "raider" á súa metade, a defensa súmase 1 punto.
Se todo un equipo é eliminado (chámase Lona) súmanse 2 puntos máis ao equipo atacante e os 7 defensores volven ao campo. É moi común ver que un equipo, cando queda con 1 só defensor, entrega o punto para que retornen os seus compañeiros que estaban fora.
O equipo con máis puntos ao final do xogo gana. Os equipos divídense por idades.
Existen sete oficiais que supervisan o xogo: un árbitro, dous asistentes, dous xuíces de liña, unha persoa encargada do tempo e un encargado de levar os puntos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario