O hockey subacuático
formase con dous equipos de 6 xogadores máis 4 suplentes. Cada xogador están provistos
de aletas, gafas e tubo respirador (snorkel), que intentan trasladar polo fondo
da piscina un disco ou pastilla de plomo a portería do equipo contrario, coa
axuda dun pau ou paleta (stick).
Cando se inicia este deporte pode resultar custoso
manterse baixo a auga, aguantando a respiración durante certo tempo.
O hockey
subacuático é un xogo rápido e moi dinámico, por iso a súa práctica require dun
considerable esforzo, tanto aeróbico como anaeróbico. Necesitase velocidade,
capacidade de anticipación e coordinación co resto do equipo pa obter bos
resultados. Pero ademais, ao contrario do que ocorre noutros deportes a concentración
do xogador non só se centra en conseguir levar o disco a portería contaria, senón
que a limitación obvia do xogador baixo a auga, fará que teñan que subir a
superficie pa tomar aire, recuperarse e volver a tomar posición pa seguir
xogando.
Tratase do único deporte
de equipo que se xoga sen osixeno no fondo dunha piscina de 2 a 4 metros de
profundidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario