A ESGRIMA:
A esgrima é un deporte de combate no que se enfrontan dous
contrincantes, que deben intentar tocarse cunha arma branca, que na esgrima
moderna son tres: sabre, espada e florete.
As persoas que practican esgrima coñécense como tiradores.
Na esgrima
moderna, úsanse tres armas:florete, espada e sabre. Fabricadas con aceiro temperado, cada unha ten unha
lonxitude máxima de folla de ao redor de 89 cm; o peso máximo para florete e sabre é de ao redor de 500 g e para a espada ao redor de 770 g.
O espadón e o pesado sabre de cabalería, que foron usados deportivamente no século XIX, deixaron de usarse a principios do século XX. A vara foi unha arma olímpica nos Xogos de san Luís,
pero xa naquel tempo estaba a perder popularidade. Tamén a esgrima con baioneta foi obxecto de competición na década
dos corenta e dos cincuenta do século XX. Finalmente, considéranse variedades históricas da
esgrima as loitas e combates con caxatos, picas, alabardas,machados, dagas, escudos ou manguais.
Aínda que as distintas armas teñen diferentes
tamaños e obxectivos, a forma e aspectos básicos son comúns nas tres
disciplinas modernas. Todas elas teñen unha folla e unha empuñadura. Ao extremo da folla
chámaselle punta. A
empuñadura ten unha garda e unha asa. A garda é unha folla de metal que ten como obxectivo
protexer os dedos durante o combate, mentres que a asa,
que é por onde en definitiva se agarra a arma, presenta varios patróns básicos:
o modelo histórico tiña unha bóla pesada no cabo, para facer de contrapeso da
folla; o modelo francés é unha asa moi simple case recta; o modelo Visconti, ou
de mango de pistola, é o máis común nas armas profesionais e o máis ergonómico e o que outorga un maior control sobre
a punta. Aínda así, mesmo dentro da asa de mango de pistola hai moitas
variantes.
Desenvolvida como arma de práctica e
deportiva, o florete é a que se considera básica. É lixeira e flexible e úsase
para conseguir tocados atacando coa súa punta roma; a folla é rectangular en
sección transversal.



No hay comentarios:
Publicar un comentario