martes, 18 de junio de 2013

A Esgrima.


É o único deporte olímpico de orixe Español.
É a arte e o deporte do manexo dunha arma, mediante un conxunto de movementos máis ou menos complexos e rápidos (previamente aprendidos). Durante a loita (asalto), establécese un intercambio de estocadas e enganos coas que cada esgrimista estuda aos seus contrarios, buscando as súas reaccións, descoidos e debilidades para atacalos; ou provocarlle para que execute accións nas que el estará prevenido.
Da súa velocidade, coordinación, intelixencia e experiencia dependerán as súas posibilidades de éxito. Pero se o contrario é de igual destreza producirase un intercambio de golpes e persecucións pola pista, xenerando unha loita intensa polo tocado.
A Esgrima é un conxunto de habilidades moi diverso, o que a fai practicable desde nova ata alta idade. Os xoves aproveitan os seus reflexos e a súa velocidade. Os adultos a súa intelixencia e autocontrol. Está suxeita a unhas normas técnicas bastante estrictas, co obxecto de que o asalto transcurra conforme ao que sucedería nun con armas reais.
A arte de loitar cunha espada xa era unha ensinanza nas rexións romanas. Na nosa historia, a arte da espada, iníciase en España no ao 1 473, coa aparición do seu primeiro Tratado: El Manejo de las Armas de Combate, do Maestro D.Pedro de la Torre.

A esgrima é un deporte de adversario polo que en cada encontro enfréntanse dúas persoas.



Divídense en dúas grandes categorías, a masculina e a feminina. Despois cada unha destas clasefícanse según o novel de entranamento e idade (sénior, xuvenil, cadete...). Tamén existe unha categoría para discapacitados. Existen tres modalidades de esgrima, a que se usa como o florete, a espada ou o sable.


O vestiario do esgrimista ten como fin protexelo ante os ataques do adversario. O pantalón debe ser dunha tela de gran dureza y que cubra desde os xeonllos ata o abadomen. A chaqueta debe ser do mismo material e cubrir desde o abdome ata o cuello e debe abrocharse cunha cremalleira lateral. Os calcetíns e o calzado é común. Úsase unha segunda chaqueta, unhas luvas e unha máscara que fixa os lugares onde o advesario debe tocar para anotar o punto. Na categoría feminina engádese unha coiraza que proporciona maior seguridade ao peito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario