lunes, 28 de enero de 2013

Sepak Takraw

sepak takraw e un deporte nativo do sudeste de asia que consiste basicamente en pasar dun lado a outro dunha rede unha pelota. Algo asi como unha mestura de fútbol e de voleibol. As reglas varian dependendo da federacion organizadora, pero o basico e comun a todas e que so se pode tocar o balon cos pés ou coa cabeza. A cancha suele medir uns 13.4 m x 6,1m , a rede estará a 1 metro e 55 cm para os homes e no caso das mulleres situarase a 145 cm do chan. O solo da cancha non debera ser nin de area nin de herba segun as recomendacions das organizacions.  A pelota sera

Pelota reglamentaria de sepak takraw

 unha esfera de fibras  sinteticas ou naturais, cunha circunferencia de entre 42 centimetros e 44 en homes en na parte da disciplina feminina de 43 a 45 cm de circunferencia. O peso da pelota esta estipulado entre 170 e 180 gramos en disciplina masculina e na parte feminina de entre 150 gr e 160 gramos. Os equipos seran de 3 xogadores cada un xogandose entre 2. A puntuacion sera a mesma que no voleibol. O equipo gaña o punto por fallo dos rivais que mandaron a pelota á rede ou que non lograron atrapala. Os sets seran a 21 puntos.





Partido de sepak takraw

              Partidos de gran nivel de Sepak Takraw


heli-ski

                                     
                                                        HELI-SKI.
                            O heli-ski   é un dos deporte   de riesgo .
            Para  poder practicalo  precísase  dun entorno natural(montaña), consiste  simplemente en ensquiar . 
            En vez de  empregar o telesilla  como  no esquí  de pista este esquí alpino necesita  usar un       
            helocóptero.
                            As persoas que practican esta actividade , os heli-esquiadores, prefiren unhas   
            condicións  como por exemplo que a neve sexa suave, descensos largos,pendentes  
            pronunciadas ....

                    
        

Natación



Natación


A natación é a actividade física do home e doutros animais que consiste en se desprazar na auga, por medio de movementos dos brazos e pernas.
A natación era orixinalmente un medio de supervivencia do home, que en tempos primitivos precisaba fuxir de animais maiores ou cazar por entre ríos e lagos. Actualmente a natación é sobre todo un método recreativo e un deporte, utilizándose eventualmente para salvar persoas do afogamento. Tamén existe o nado asociado a traballo, como no caso dos recolectores de perlas, algúns tipos de pescadores aos científicos que investigan a fauna e flora marítimas.
Diversos animais posúen a capacidade de nadar por instinto; o home precisa desenvolvela. Porén, unha vez aprendida, xamais se esquece. A práctica da natación considérase un dos mellores exercicios físicos existentes.

Deporte

A natación insírese nos deportes acuáticos. O obxectivo dunha competición de natación é determinar cal o nadador máis rápido. Existe unha serie de regulamentos acerca das competicións da natación. A regra básica separa o modo polo cal o atleta gaña impulso na auga en catro estilos diferentes:
Cada un deses estilos ten especificacións en canto á posición do tórax do atleta e ao movemento de pernas e brazos. No estilo crawl, por exemplo, o atleta posiciónase co peito voltado para o fondo da piscina, en posición horizontal no nivel de auga; os brazos saen da auga en posición paralela ao corpo, xogándose para fronte por riba da auga, alternadamente (en canto un vai para diante, o outro brazo volta para tras por baixo da auga); as pernas móvense para diante e para tras tamén alternadamente. Xa no nado bolboreta, o atleta tamén fica co peito voltado para o fondo da piscina, mais xoga os dous brazos ao mesmo tempo para fronte e produce un movemento tamén sincronizado coas pernas, para riba e para baixo. No nado de costas o atleta fica co peito voltado para riba, e as costas voltadas para o fondo da piscina.
A piscina oficial de competicións mede 50 metros ao longo. Debe conter 8 raias, cada unha de 2,5 metros de largura, cun espazo suplementar mínimo de 20 centímetros ao lado das raias externas. A profundidade debe ser igual ou superior a 1,35 metros. A auga debe estar a unha temperatura entre 25 ºC e 28 ºC nas competicións.
En ámbito internacional a natación competitiva organízase pola FINA (Fédération Internationale de Natation).




[editar]


O home máis forte do mundo.

O home máis forte do mundo de Met RX e unha das maiores competicións dentro do atletismo da forza o concurso levase a cabo en septembro de cada ano. Os competidores que chegan a participar so un máximo de 25, divididos en grupos de 5.

o Patrocinado da competición é Mat RX é a maior parte das veces a competición e dominada por paises nórdicos é de Europa Oriental. Cabe destacar que dende 1977 nunca gañou ningún competidor de fala hispana, é os unicos americanos eran estadounidenses ou canadienses. Dende o ano 2001 os competidores son clasificados no Strongman Super Series.

Ademáis desta competición, dende 2001 existe a competencia da muller máis forte do mundo. As mulleres compiten co 70% do peso que usan os homes.














O hokey

O hokey é un deporte en equipo. Dous equipos compiten para levar una pelota de material duro ou un disco á porteria contraria coa axuda dun bastón longo. Hai tres modalidades do hokey: -hokey sobre xeo, -hokey sobre césped,  - hokey sobre patíns.
1º=> hokey sobre xeo: Xógase no xeo con un disco de caucho duro e con patíns con cuchillas para o xeo e co un bastón longo.
2º=>hokey sobre césped: Xógase sobre herba natural sin patíns con un bastón longo.
3º=> hokey sobre patíns: Xógase nun campo de cemento con patíns e con un bastón longo.

O WINDSURF.


O windsurf é unha modalidade do deporte da vela que consiste en desprazarse na auga sobre unha táboa similar a unha de surf, provista dunha vela.

A diferenza dun veleiro, a vela ou aparello dunha táboa de windsurf é articulado permitindo a súa rotación libre ao redor dun só punto de unión coa táboa: o pé de mastro. Iso permite manipular o aparello libremente en función da dirección do vento e da posición da táboa con respecto a este último. O aparello é manipulado polo windsurfista mediante a botavara ou como se coñece en inglés boom ou wishbone. O seu principal precursor foi Robin Nasich, que impulsou a práctica deste deporte durante os anos 70.
Mentres que no surf o elemento máis importante son as ondas, no windsurf o vento xoga así mesmo un papel de vital importancia.
Este deporte presenta un gran número de variantes tales como piruetas, saltos ou velocidades. A grande aceptación e o elevado número de seguidores propiciou a creación de campeonatos e probas en todo tipo de países.
En España comezou a practicarse a principios dos anos 80.

Para practicar este deporte necesítase:
É moi importante o bo estado físico para realizar este deporte, así como coñecementos técnicos e meteorolóxicos. Convén recibir algún cursillo antes de realizar as primeiras incursións.


lunes, 21 de enero de 2013

Hockey subacuático


O hockey subacuático formase con dous equipos de 6 xogadores máis 4 suplentes. Cada xogador están provistos de aletas, gafas e tubo respirador (snorkel), que intentan trasladar polo fondo da piscina un disco ou pastilla de plomo a portería do equipo contrario, coa axuda dun pau ou paleta (stick).
O xogador pasa gran parte do tempo baixo a auga. 
Cando se inicia este deporte pode resultar custoso manterse baixo a auga, aguantando a respiración durante certo tempo.

O hockey subacuático é un xogo rápido e moi dinámico, por iso a súa práctica require dun considerable esforzo, tanto aeróbico como anaeróbico. Necesitase velocidade, capacidade de anticipación e coordinación co resto do equipo pa obter bos resultados. Pero ademais, ao contrario do que ocorre noutros deportes a concentración do xogador non só se centra en conseguir levar o disco a portería contaria, senón que a limitación obvia do xogador baixo a auga, fará que teñan que subir a superficie pa tomar aire, recuperarse e volver a tomar posición pa seguir xogando.
Tratase do único deporte de equipo que se xoga sen osixeno no fondo dunha piscina de 2 a 4 metros de profundidade.


sábado, 19 de enero de 2013

O Decathlon.


O decathlon é unha proba combinada de atletismo masculino que consta de dez probas (catro carreiras, tres lanzamentos e tres saltos) que se realizan en dous días consecutivos.
O intervalo existente entre a última proba dun día e a primeira do segundo non debe ser menor a dez horas. Despois de cada proba o xurado señala a súa respectiva puntuación. Ao final da competencia leense as puntuacións acumuladas para designar o gañador.
O primeiro día de competición realizanse as seguintes disciplinas : 100 metros de lonxitude, salto de lonxitude, lanzamento de peso, salto de altura e os 400 metros lisos.
O segundo día compítese en 110 metros de vallas, lanzamento de disco, salto con pértiga, lanzamento de xabalina e 1500 metros lisos
Esta disciplina foi incorporada ás competencias olímpicas no ano 1912. Ata a actualidade non existen torneos oficiais para muller, algo co que non estou de acordo, xa que na miña opinión tanto as mulleres coma os homes estamos capacitados para facer este deporte.
El decathlon vuelve a ser una de las pruebas estellas en el Europeo de Atletismo de Barcelona

Ciclismo de montaña


             O ciclismo de montaña é unha actividade deportiva que se realiza sobre unha bicicleta de montaña en terreos montañosos.Por extensión aplícase o termo a todos os demais terreos a valmontes que presentan moitas das dificultades existentes nos terreos montañosos como son terreos diversos: area, terra, lodo, arroios etc; obstáculos: ocos, pedras, troncos e ramas, cantiis etc; pendentes diversas e rutas sinuosas. 
     
       Clasificación: 

 1.- Campo a través :
       Modalidade usual do ciclismo de montaña. As bicicletas adoitan levar suspensión dianteira soamente, aínda que tamén se empezan a utilizar suspensións traseiras. Esta proba consiste en dar un número determinado de voltas a un circuíto, cuxa lonxitude adoita estar comprendida entre os 8 e os 11 quilómetros.
 2.- Marathon Bike:
       Modalidade que consiste nunha travesía de entre 65 e 100 km, podendo chegar nalgún caso aos 130. Adóitase empregar o mesmo tipo de bicicleta que no cros country, aínda que algo máis robustas, pois a fiabilidade e a comodidade son vitais en carreiras tan longas. Tamén se inclúen nesta modalidade probas por etapas como a Trans Alp, a Transrockies, a ruta dos conquistadores etc. Esta modalidade conseguiu unha gran popularidade nos últimos tempos, pois as súas competicións adoitan estar abertas tanto a profesionais como a simples afeccionados.
 3.- Descenso: 
       Modalidade na cal compítese nunha pista totalmente en baixada. As bicicletas levan suspension dianteira e traseira, ademais de freos de disco, pneumáticos de maior anchura e protectores de pratos. Os ciclistas levan ademais casco e proteccións especiais en caso de caídas
 4.- Eslálom: 
       Modalidade parecida ao Descenso na cal compítese nunha pista en baixada con bandeiras e portas ao estilo do esquí.
 5.- Ascenso: 
       Modalidade na cal compítese contra reloxo e distancia o trazado só é de subida, gaña quen faga o menor tempo e a maior distancia no ascenso.
Técnica de condución

       Técnica de condución
           
No aspecto da condución, o ciclista de montaña debe aprender as seguintes técnicas:

  •  Manter a bicicleta detida por polo menos 20 segundos. Sen moverse.
  • Levantar a roda dianteira sen caerse ao asfalto , necesario para sortear obstáculos tales como arroios, fochancas, ou subidas para ter tracción.
  • Levantar ambas as rodas do piso, recoméndase pararse e levantala do piso con ambas as mans .

É fundamental manter unha gran concentración á hora de superar obstáculos, xa que doutro xeito un pode dar co seu corpo no chan; ata en pequenos obstáculos por un exceso de confianza. Tamén o ter un grao de preparación física adecuado: sófrese de cambios de ritmo continuos producíndose grandes estado de fatiga. Pero que se compensa co divertimento que chega a enganchar a todo tipo de persoas sen importar a idade.