A pelota
vasca (en éuscaro: pilota ou eusko pilota)
é un deporte tradicional do vasco, practicado na zona norte de España —principalmente no País Vasco, Navarra, Burgos e A Rioxa— e no País Vasco Francés.
Xeralmente require a
participación de dous xogadores ou equipos que golpean alternativamente unha
pelota contra un muro, chamado "frontis", até conseguir un tanto.
A pelota segue a
fabricarse de xeito artesanal e está formada por un núcleo, xeralmente de madeira
de buxo, e diferentes capas de látex e la, até chegar á derradeira, de coiro.
A cancha na cal se xoga denomínase frontón existindo unha variante chamada trinquete.
Os primeiros
documentos en facer alusión ao xogo son algúns textos franceses do século XII que mencionan dúas variantes:
·
Courte paume ou
palma curta, practicada pola nobreza e o clero.
·
Longue paume ou
palma longa, practicado pola poboación en espazos abertos.
Na actualidade
existen outras variantes entre as que destacan a pelota a man (que se practica
coas mans núas), a paleta coiro, o xare, o frontenis, a paleta coiro, a paleta
goma e o jai alai ou cesta-punta, a variante máis popular.



No hay comentarios:
Publicar un comentario