miércoles, 19 de junio de 2013

Jugger


O xogo consiste en dous equipos de 5 persoas (4 deles defensores e un corredor) que se disputan a pelota ou Skull para encaixala na base contraria, conseguindo así tantos.

Xógase cunha pelota cuxa forma se asemella a unha caveira dun can, e unha variedade de armas, os Pompfen. Tanto a pelota coma as armas son fabricadas de goma escuma. O campo de xogo mide 20 x 40 metros.

A meta do xogo é a conversión de goles. A diferenza da maioría dos xogos similares, soamente un xogador de cada equipo é autorizado para tocar a pelota coas súas mans, a cal leva a denominación "jugg" (en alemán) ou simplemente "caveira" ("skull" en inglés). Esta debe ser cravada nunha estaca ou no seu defecto plazada dentro dunha marca de 50 cm de diámetro que se encontra en cada extremo do campo de xogo e que cumpre a función do "arco"(o portaría). As armas serven para bloquear os xogadores opostos e polo tanto cumpren a principal función defensiva.




                                                                                     ENTRADA MICHAEL 









martes, 18 de junio de 2013

A Esgrima.


É o único deporte olímpico de orixe Español.
É a arte e o deporte do manexo dunha arma, mediante un conxunto de movementos máis ou menos complexos e rápidos (previamente aprendidos). Durante a loita (asalto), establécese un intercambio de estocadas e enganos coas que cada esgrimista estuda aos seus contrarios, buscando as súas reaccións, descoidos e debilidades para atacalos; ou provocarlle para que execute accións nas que el estará prevenido.
Da súa velocidade, coordinación, intelixencia e experiencia dependerán as súas posibilidades de éxito. Pero se o contrario é de igual destreza producirase un intercambio de golpes e persecucións pola pista, xenerando unha loita intensa polo tocado.
A Esgrima é un conxunto de habilidades moi diverso, o que a fai practicable desde nova ata alta idade. Os xoves aproveitan os seus reflexos e a súa velocidade. Os adultos a súa intelixencia e autocontrol. Está suxeita a unhas normas técnicas bastante estrictas, co obxecto de que o asalto transcurra conforme ao que sucedería nun con armas reais.
A arte de loitar cunha espada xa era unha ensinanza nas rexións romanas. Na nosa historia, a arte da espada, iníciase en España no ao 1 473, coa aparición do seu primeiro Tratado: El Manejo de las Armas de Combate, do Maestro D.Pedro de la Torre.

A esgrima é un deporte de adversario polo que en cada encontro enfréntanse dúas persoas.



Divídense en dúas grandes categorías, a masculina e a feminina. Despois cada unha destas clasefícanse según o novel de entranamento e idade (sénior, xuvenil, cadete...). Tamén existe unha categoría para discapacitados. Existen tres modalidades de esgrima, a que se usa como o florete, a espada ou o sable.


O vestiario do esgrimista ten como fin protexelo ante os ataques do adversario. O pantalón debe ser dunha tela de gran dureza y que cubra desde os xeonllos ata o abadomen. A chaqueta debe ser do mismo material e cubrir desde o abdome ata o cuello e debe abrocharse cunha cremalleira lateral. Os calcetíns e o calzado é común. Úsase unha segunda chaqueta, unhas luvas e unha máscara que fixa os lugares onde o advesario debe tocar para anotar o punto. Na categoría feminina engádese unha coiraza que proporciona maior seguridade ao peito.

O Slackline

O Slackline é un deporte de equilibrio, no que se suxeita unha corda plana normalmente de nylon ou poliéster entre dous puntos fixos e camiñase por ela. Non é o mesmo que o funambulismo, que se trata dun cable metálico moi tenso, en cambio no Slackline a corda ten suspensión e balanceo.

No Slackline traballase o corpo e a mente. Tratase dun deporte moi completo no que se traballa practicamente todo o corpo, pernas, espalda, abdominais, brazos e cando xa se entra en trucos aumenta o número de músculos que traballamos. E tamén a mente, xa que necesita concentración para camiñar sobre a corda, para a combinación de trucos e para a respiración.

O certo é que o Slackline ten moitas e diversas modalidades: dende simplemente andar por unha corda, facer acrobacias, realizar exercicios de yoga e ata a súa modalidade máis extrema que consiste en camiñar por unha corda pero a grandes distancias do chan (entre dúas montañas, entre dous edificios) . En definitiva este deporte está feito para a superación persoal.



Enduro

O enduro é unha modalidade de motociclismo cuxo obxectivo é realizar percorridos usualmente ao aire libre campo a través, ou en circuítos controlados, similares aos de motocross  pero de maior distancia. É similar a un rally de vehículos, nos que os competidores deben realizar os percorridos por rutas establecidas en intervalos de tempos indicados. O termo "enduro" provén do inglés endurance ("resistencia").4
https://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=F3bUU0x_TPU
https://www.youtube.com/watch?v=sH5mrEW9LUc&feature=player_detailpage

O enduro é practicado por nenos dende 7 anos ate adultos de 60.   A nivel internacional, o máximo evento de enduro é o WEC (World Enduro Championship) avalado pola FIM (Federación Internacional de Motociclismo, así como también o "International Six Days Enduro" (ISDE), as olimpiadas do enduro  efectuanse unha vez o ano en diferentes sedes de Europa ou América, onde se dan cita expoñentes deste deporte de todos los países.

Galicia conta cunha federación na que organizan carreiras polos distintos circuitos galegos. Os pilotos galegos máis coñecidos son:
Xacob Agra
Aarón Bernárdez
Jorge Prado
ImagenRubén Fernández
Sergio Fernández
Natalia Alonso Ares

domingo, 16 de junio de 2013

Pelota Vasca por Pablo:

Pelota Vasca:  por Pablo                                       

pelota vasca é un deporte tradicional do vasco, practicado na zona norte de España —principalmente no País Vasco, Navarra, Burgos e A Rioxa— e no País Vasco Francés.

Xeralmente require a participación de dous xogadores ou equipos que golpean alternativamente unha pelota contra un muro, chamado "frontis", até conseguir un tanto.

A pelota segue a fabricarse de xeito artesanal e está formada por un núcleo, xeralmente de madeira de buxo, e diferentes capas de látex e la, até chegar á derradeira, de coiro. A cancha na cal se xoga denomínase frontón, existindo unha variante chamada trinquete.


Os primeiros documentos en facer alusión ao xogo son algúns textos franceses do século XII que mencionan dúas variantes:
  • Courte paume ou palma curta, practicada pola nobreza e o clero.
  • Longue paume ou palma longa, practicado pola poboación en espazos abertos.


Os tantos son sumados de un en un no momento que a pelota da un bote no chan antes de que o contrincante a golpee contra a parede.
A pelota unha vez rebota na parede pode rebotar en calquera parte do campo.

DEMOSTRACIÓN EN VIDEO:



viernes, 14 de junio de 2013

O Pádel by dino

O pádel é un deporte de raqueta xogado extensamente en España e Latinoamérica.
O pádel é un deporte tipicamente de dobles, que se practica nunha pista cerrada cun tamaño alrededor da metade das dimensións dunha pista de tenis. O tanteo é o mesmo ca no tenis, as pelotas son similares pero cun pouco menos de presión, a gran diferenza é que a pista ten paredes e as pelotas poden ser xogadas contra elas nunha maneira similar coma no squash.
Este deporte foi inventado en Acapulco, México, por Enrique Corcuera en 1969. Actualmente é moi popular na Arxentina, México e noutros países latinoamericanos; tamén en Europa, principalmente en España, aínda que é agora empeza a difundirse rapidamente polo resto de Europa e outros continentes. A enorme popularidade do pádel ao largo da Costa do Sol e no sur de España expúxoo a un gran número de residentes británicos e turistas, e esta é unha das razóns de que o pádel empezara a despegar en UK.


 File:Pádel-Feld.jpg
Pista de Pádel

File:Pala de padel.jpg
Pala de Pádel

lunes, 3 de junio de 2013

Chessboxing

O chessboxing, ou "ajedrez boxeo" en español, é un deporte que combina o axedrez e o boxeo. O concepto deste deporte foi imaxinado en 1992  por un dibuxante. Cada vez é máis popular. 


 Nun ring altérnanse dous minutos de boxeo e catro de axudrez, con descansos de un minuto, ata un total de 12 asaltos. 
Pódese gañar por KO ou por jaque-mate. Sinon o xurado decideo. 
O actual campeón mundial é o ruso de 19 anos Nikolai Shazin, estudante de matemáticas.