O curling.
O curling é un deporte de precisión similar ós birlos ingleses ou á petanca, que se practica nunha pista de xeo, loitando entre sí dous
equipos de catro participantes cada un. O obxectivo é lanzar 8 pedras de granito cun peso de 20 kg sobre
a deslizante superficie a través dun corredor de 45,5 metros de lonxitude e 4,32 metros de anchura. E unha vez realizados todos
os lanzamentos, puntúase en función da cercanía destas pedras á diana marcada
ao final do corredor. Practícase sobre todo en Canadá e no norte de Europa.
Crese que o curling inventouse
en Escocia no século
XVI, debido a algunhas pinturas que reflexan persoas xogando a este deporte. De
todas formas, o curling foi moi popular en Escocia entre os séculos XVI e XIX, cando o clima era suficientemente
frío coma para que se formase un bo xeo no inverno, e en consecuencia, a sede
do organismo internacional que controla o curling, a Federación Mundial de Curling, atópase
en Perth, Escocia.
Na actualidade o deporte xógase
sobre todo en Canadá. O "Royal Montreal Curling
Club", o primeiro clube deportivo de curling establecido en Norteamérica,
fundouse no 1807. O primeiro club
en Estados Unidos creouse no 1832, e o xogo entrou en Suíza e Suecia antes da entrada do século XX. Hoxe en día, o curling
xógase en toda Europa, e foi
exportado a países coma Xapón, Australia, Nova Celandia e incluso, China e Corea.
O curling é deporte olímpico de
inverno dende 1998.
Pablo Orol Tallón.




No hay comentarios:
Publicar un comentario