domingo, 16 de diciembre de 2012

A ximnasia rítmica ♥

É unha disciplina que combina elementos de ballet, ximnasia, danza e o uso de varios instrumentos como a corda, o aro, a pelota, as mazas e a cinta.
Neste deporte realízanse tanto competicións como exhibicións, nas cales a ximnasta está acompañada de música para manter un ritmo nos seus movementos. Pódense distinguir dúas modalidades: a individualidade e a de conxuntos.
En canto aos conxuntos pódese sinalar que nas competicións oficiais están formados actualmente por 5 membros. As ximnastas pode levar 5 instrumentos iguais ou 3 con un mismo instrumento e 2 con outro distinto.
Orixinalmente habían 6 ximnastas, pero no 80 podían ser incluso 8. A duración dun conxunto de exercicios debe ser de 2 minutos e medio, máis do que un individual que é de 1 minuto e medio.
A clasificación final do exercicio é obtida da suma das calificacións de dificultade, artístico e da execución, cada cal cun valor máximo de 10 puntos, facendo que o resultado final sexa dun máximo de 30 puntos. Tamén son penalizados, restando puntos para a nota final, determinados erros cometidos pola ximnasta.
O grao de dificultade basearase no conxunto técnico do montaxe. Este é dividido en: dificultade corporal e dificultade de aparello. Dificultades corporais son catro: saltos, flexibilidades e ondas, xiros e equilibrios. A utilización obrigatoria de cada unha dependerá do aparello a ser utilizado. A nota de dificultade de aparello pode considerar a experiencia con ou sen liberación, o risco, pre-acrobáticos elementos e a orixinaldade do aparello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario