domingo, 16 de junio de 2013

Pelota Vasca por Pablo:

Pelota Vasca:  por Pablo                                       

pelota vasca é un deporte tradicional do vasco, practicado na zona norte de España —principalmente no País Vasco, Navarra, Burgos e A Rioxa— e no País Vasco Francés.

Xeralmente require a participación de dous xogadores ou equipos que golpean alternativamente unha pelota contra un muro, chamado "frontis", até conseguir un tanto.

A pelota segue a fabricarse de xeito artesanal e está formada por un núcleo, xeralmente de madeira de buxo, e diferentes capas de látex e la, até chegar á derradeira, de coiro. A cancha na cal se xoga denomínase frontón, existindo unha variante chamada trinquete.


Os primeiros documentos en facer alusión ao xogo son algúns textos franceses do século XII que mencionan dúas variantes:
  • Courte paume ou palma curta, practicada pola nobreza e o clero.
  • Longue paume ou palma longa, practicado pola poboación en espazos abertos.


Os tantos son sumados de un en un no momento que a pelota da un bote no chan antes de que o contrincante a golpee contra a parede.
A pelota unha vez rebota na parede pode rebotar en calquera parte do campo.

DEMOSTRACIÓN EN VIDEO:



No hay comentarios:

Publicar un comentario