martes, 18 de junio de 2013

O Slackline

O Slackline é un deporte de equilibrio, no que se suxeita unha corda plana normalmente de nylon ou poliéster entre dous puntos fixos e camiñase por ela. Non é o mesmo que o funambulismo, que se trata dun cable metálico moi tenso, en cambio no Slackline a corda ten suspensión e balanceo.

No Slackline traballase o corpo e a mente. Tratase dun deporte moi completo no que se traballa practicamente todo o corpo, pernas, espalda, abdominais, brazos e cando xa se entra en trucos aumenta o número de músculos que traballamos. E tamén a mente, xa que necesita concentración para camiñar sobre a corda, para a combinación de trucos e para a respiración.

O certo é que o Slackline ten moitas e diversas modalidades: dende simplemente andar por unha corda, facer acrobacias, realizar exercicios de yoga e ata a súa modalidade máis extrema que consiste en camiñar por unha corda pero a grandes distancias do chan (entre dúas montañas, entre dous edificios) . En definitiva este deporte está feito para a superación persoal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario