O Snow Towing é unha nova disciplina de freestyle que é
aínda é máis espectacular que o snowboard e o wakeboard. É un deporte completamente
novo e levado a cabo en España durante os dous últimos anos (2011-2012), é unha
medcla entre o snowboard e o wakeboard, con moita adrenalina e o máis
emocionante dos dous deportes. O seu creador e principal impulsor é Israel
Planas, dúas veces campión de España de wakeboard e o primeiro campión do I Campionato
de España de Snow Towing.
Aínda que se utilizan as mesmas técnicas, e a mesma táboa
de snowboard o Snow Towing diferenciase do snowboard na incorporación dunha
corda que tira ao rider; isto permítelle realizar saltos prolongados, xiros e
figuras a diferentes velocidades, e incluso a posibilidade de manter o corpo no
aire totalmente paralelo ao chan.
Durante os días 26 e 27 de xaneiro na estación de esquí de La Molina celebrouse o I Campeonato de España de Snow Towing VODAFONE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario