O windsurf é unha modalidade do deporte da vela que consiste
en desprazarse na auga sobre unha táboa similar a unha de surf, provista dunha
vela.
A diferenza dun veleiro, a vela ou aparello dunha táboa de
windsurf é articulado permitindo a súa rotación libre ao redor dun só punto de
unión coa táboa: o pé de mastro. Iso permite manipular o aparello libremente en
función da dirección do vento e da posición da táboa con respecto a este
último. O aparello é manipulado polo windsurfista mediante a botavara ou como
se coñece en inglés boom ou wishbone. O seu principal precursor foi Robin
Nasich, que impulsou a práctica deste deporte durante os anos 70.
Mentres que no surf o elemento máis importante son as ondas,
no windsurf o vento xoga así mesmo un papel de vital importancia.
Este deporte presenta un gran número de variantes tales como
piruetas, saltos ou velocidades. A grande aceptación e o elevado número de
seguidores propiciou a creación de campeonatos e probas en todo tipo de países.
En España comezou a practicarse a principios dos anos 80.
Para practicar este deporte necesítase:
É moi importante o bo estado físico para realizar este deporte, así como coñecementos técnicos e meteorolóxicos. Convén recibir algún cursillo antes de realizar as primeiras incursións.


No hay comentarios:
Publicar un comentario