O decathlon é unha proba combinada de atletismo masculino que consta de dez probas (catro carreiras, tres lanzamentos e tres saltos) que se realizan en dous días consecutivos.
O intervalo existente entre a última proba dun día e a primeira do segundo non debe ser menor a dez horas. Despois de cada proba o xurado señala a súa respectiva puntuación. Ao final da competencia leense as puntuacións acumuladas para designar o gañador.
O primeiro día de competición realizanse as seguintes disciplinas : 100 metros de lonxitude, salto de lonxitude, lanzamento de peso, salto de altura e os 400 metros lisos.
O segundo día compítese en 110 metros de vallas, lanzamento de disco, salto con pértiga, lanzamento de xabalina e 1500 metros lisos
Esta disciplina foi incorporada ás competencias olímpicas no ano 1912. Ata a actualidade non existen torneos oficiais para muller, algo co que non estou de acordo, xa que na miña opinión tanto as mulleres coma os homes estamos capacitados para facer este deporte.

No hay comentarios:
Publicar un comentario