viernes, 8 de marzo de 2013

O Slamball, entrada Michael.

Son partidos de catro contra catro. Os equipos compóñense de: un handler, que se encarga de subir o balón e distribuír o xogo; dos gunners, que son os encargados de facer que o balón entre e un stopper, que defende dentro da área de tres, situado na cama elástica debaixo do aro. Pode encestar calquera dos integrantes do equipo.

Xóganse dúas metades de dez minutos cada unha, repartido en catro cuartos de cinco minutos. O aro encóntrase a 3,05 metros de altura. A cancha é de 28 metros de longo por 16 de ancho limitado por paredes, o cal inflúe na rapidez do xogo, xa que non hai foras. Pra realizar as xogadas é obrigatorio botar o balón, pero solo fora das áreas de tres. Dentro das áreas o movemento é totalmente libre con dúas excepcións que levan a un cambio de posesión: Cando dous xogadores ofensivos rebotan á vez na mesma cama e cando un xogador ofensivo en posesión do balón rebota dúas veces na mesma cama sen soltar o balón.
As puntuacións súmanse en tiros de dous e tiros de tres. Os tiros de dous son os tiros desde dentro da área sen que o xogador teña contacto co aro. Os tiros de tres son os tiros desde fora da área, e os mates. Este sistema de puntuación fai que os equipos busquen continuamente puntuar mediante mates, facendo do xogo un espectáculo sen precedentes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario