lunes, 28 de enero de 2013

Sepak Takraw

O sepak takraw e un deporte nativo do sudeste de asia que consiste basicamente en pasar dun lado a outro dunha rede unha pelota. Algo asi como unha mestura de fútbol e de voleibol. As reglas varian dependendo da federacion organizadora, pero o basico e comun a todas e que so se pode tocar o balon cos pés ou coa cabeza. A cancha suele medir uns 13.4 m x 6,1m , a rede estará a 1 metro e 55 cm para os homes e no caso das mulleres situarase a 145 cm do chan. O solo da cancha non debera ser nin de area nin de herba segun as recomendacions das organizacions.  A pelota sera

Pelota reglamentaria de sepak takraw

 unha esfera de fibras  sinteticas ou naturais, cunha circunferencia de entre 42 centimetros e 44 en homes en na parte da disciplina feminina de 43 a 45 cm de circunferencia. O peso da pelota esta estipulado entre 170 e 180 gramos en disciplina masculina e na parte feminina de entre 150 gr e 160 gramos. Os equipos seran de 3 xogadores cada un xogandose entre 2. A puntuacion sera a mesma que no voleibol. O equipo gaña o punto por fallo dos rivais que mandaron a pelota á rede ou que non lograron atrapala. Os sets seran a 21 puntos.





Partido de sepak takraw

              Partidos de gran nivel de Sepak Takraw


heli-ski

                                     
                                                        HELI-SKI.
                            O heli-ski   é un dos deporte   de riesgo .
            Para  poder practicalo  precísase  dun entorno natural(montaña), consiste  simplemente en ensquiar . 
            En vez de  empregar o telesilla  como  no esquí  de pista este esquí alpino necesita  usar un       
            helocóptero.
                            As persoas que practican esta actividade , os heli-esquiadores, prefiren unhas   
            condicións  como por exemplo que a neve sexa suave, descensos largos,pendentes  
            pronunciadas ....

                    
        

Natación



Natación


A natación é a actividade física do home e doutros animais que consiste en se desprazar na auga, por medio de movementos dos brazos e pernas.
A natación era orixinalmente un medio de supervivencia do home, que en tempos primitivos precisaba fuxir de animais maiores ou cazar por entre ríos e lagos. Actualmente a natación é sobre todo un método recreativo e un deporte, utilizándose eventualmente para salvar persoas do afogamento. Tamén existe o nado asociado a traballo, como no caso dos recolectores de perlas, algúns tipos de pescadores aos científicos que investigan a fauna e flora marítimas.
Diversos animais posúen a capacidade de nadar por instinto; o home precisa desenvolvela. Porén, unha vez aprendida, xamais se esquece. A práctica da natación considérase un dos mellores exercicios físicos existentes.

Deporte

A natación insírese nos deportes acuáticos. O obxectivo dunha competición de natación é determinar cal o nadador máis rápido. Existe unha serie de regulamentos acerca das competicións da natación. A regra básica separa o modo polo cal o atleta gaña impulso na auga en catro estilos diferentes:
Cada un deses estilos ten especificacións en canto á posición do tórax do atleta e ao movemento de pernas e brazos. No estilo crawl, por exemplo, o atleta posiciónase co peito voltado para o fondo da piscina, en posición horizontal no nivel de auga; os brazos saen da auga en posición paralela ao corpo, xogándose para fronte por riba da auga, alternadamente (en canto un vai para diante, o outro brazo volta para tras por baixo da auga); as pernas móvense para diante e para tras tamén alternadamente. Xa no nado bolboreta, o atleta tamén fica co peito voltado para o fondo da piscina, mais xoga os dous brazos ao mesmo tempo para fronte e produce un movemento tamén sincronizado coas pernas, para riba e para baixo. No nado de costas o atleta fica co peito voltado para riba, e as costas voltadas para o fondo da piscina.
A piscina oficial de competicións mede 50 metros ao longo. Debe conter 8 raias, cada unha de 2,5 metros de largura, cun espazo suplementar mínimo de 20 centímetros ao lado das raias externas. A profundidade debe ser igual ou superior a 1,35 metros. A auga debe estar a unha temperatura entre 25 ºC e 28 ºC nas competicións.
En ámbito internacional a natación competitiva organízase pola FINA (Fédération Internationale de Natation).




[editar]


O home máis forte do mundo.

O home máis forte do mundo de Met RX e unha das maiores competicións dentro do atletismo da forza o concurso levase a cabo en septembro de cada ano. Os competidores que chegan a participar so un máximo de 25, divididos en grupos de 5.

o Patrocinado da competición é Mat RX é a maior parte das veces a competición e dominada por paises nórdicos é de Europa Oriental. Cabe destacar que dende 1977 nunca gañou ningún competidor de fala hispana, é os unicos americanos eran estadounidenses ou canadienses. Dende o ano 2001 os competidores son clasificados no Strongman Super Series.

Ademáis desta competición, dende 2001 existe a competencia da muller máis forte do mundo. As mulleres compiten co 70% do peso que usan os homes.














O hokey

O hokey é un deporte en equipo. Dous equipos compiten para levar una pelota de material duro ou un disco á porteria contraria coa axuda dun bastón longo. Hai tres modalidades do hokey: -hokey sobre xeo, -hokey sobre césped,  - hokey sobre patíns.
1º=> hokey sobre xeo: Xógase no xeo con un disco de caucho duro e con patíns con cuchillas para o xeo e co un bastón longo.
2º=>hokey sobre césped: Xógase sobre herba natural sin patíns con un bastón longo.
3º=> hokey sobre patíns: Xógase nun campo de cemento con patíns e con un bastón longo.

O WINDSURF.


O windsurf é unha modalidade do deporte da vela que consiste en desprazarse na auga sobre unha táboa similar a unha de surf, provista dunha vela.

A diferenza dun veleiro, a vela ou aparello dunha táboa de windsurf é articulado permitindo a súa rotación libre ao redor dun só punto de unión coa táboa: o pé de mastro. Iso permite manipular o aparello libremente en función da dirección do vento e da posición da táboa con respecto a este último. O aparello é manipulado polo windsurfista mediante a botavara ou como se coñece en inglés boom ou wishbone. O seu principal precursor foi Robin Nasich, que impulsou a práctica deste deporte durante os anos 70.
Mentres que no surf o elemento máis importante son as ondas, no windsurf o vento xoga así mesmo un papel de vital importancia.
Este deporte presenta un gran número de variantes tales como piruetas, saltos ou velocidades. A grande aceptación e o elevado número de seguidores propiciou a creación de campeonatos e probas en todo tipo de países.
En España comezou a practicarse a principios dos anos 80.

Para practicar este deporte necesítase:
É moi importante o bo estado físico para realizar este deporte, así como coñecementos técnicos e meteorolóxicos. Convén recibir algún cursillo antes de realizar as primeiras incursións.


lunes, 21 de enero de 2013

Hockey subacuático


O hockey subacuático formase con dous equipos de 6 xogadores máis 4 suplentes. Cada xogador están provistos de aletas, gafas e tubo respirador (snorkel), que intentan trasladar polo fondo da piscina un disco ou pastilla de plomo a portería do equipo contrario, coa axuda dun pau ou paleta (stick).
O xogador pasa gran parte do tempo baixo a auga. 
Cando se inicia este deporte pode resultar custoso manterse baixo a auga, aguantando a respiración durante certo tempo.

O hockey subacuático é un xogo rápido e moi dinámico, por iso a súa práctica require dun considerable esforzo, tanto aeróbico como anaeróbico. Necesitase velocidade, capacidade de anticipación e coordinación co resto do equipo pa obter bos resultados. Pero ademais, ao contrario do que ocorre noutros deportes a concentración do xogador non só se centra en conseguir levar o disco a portería contaria, senón que a limitación obvia do xogador baixo a auga, fará que teñan que subir a superficie pa tomar aire, recuperarse e volver a tomar posición pa seguir xogando.
Tratase do único deporte de equipo que se xoga sen osixeno no fondo dunha piscina de 2 a 4 metros de profundidade.